Vistas de página en el último mes

viernes, 7 de octubre de 2011

Un soño feito realidade

Había unha vez dúas formigas que vivían no medio dun monte e pasaban o día xogando ao pilla pilla, aínda que o que elas realmente querían era ser artistas da televisión e traballar no programa de Formigan, o único programa da aldea.

A formiga máis grande chamábase Camila e quería ser cámara. A máis pequena chamábase Xoana e quería ser presentadora.

O maior problema era que a aldea estaba moi lonxe de onde elas vivían, a si que o primeiro foi buscar a maneira de chegar ata a aldea sen que as comeran os paxaros do monte. Por fin un día ocorreuselles que o mellor era viaxar pola noite mentras os paxaros durmían. Polo camiño atoparon á señora Curuxa, pero non tiveron ni día tiveron unha idea baixar de noite porque os paxaros estaban durmindo, polo camiño atoparon á señora Curuxa, que aínda que era un paxaros non comía formigas, era vexetariana.
Curuxa ofreceuse a levalas, e elas aceptaron. En menos dun suspiro chegaron á aldea e atoparon ao director que, moi amable, lles dixo que voltatan ao día seguinte para comezar a traballar. Tanto Xoana como Camila viron cumpridas as súas ilusións e foron felices e comeron raíces.



Xa se me esquecía contarvos que o primeiro programa tratou sobre unha curuxa vexetariana.

Nadia G.P. 5ºB

1 comentario: