Había unha vez tres fantasmas, unha chamada Chapán outra Rasa e outra Malí.
Eran as mellores pantasmas do mundo. Sempre estaban asustando aos nenos pequenos, asustábanos dende detrás das matogueiras e quitábanlle os caramelos. Algunhas veces ata secuestraban a uns poucos.
Un día os pais e nais dos nenos aos que secuestraron manifestáronse. Foron a polas pantasmas e pelexaron con elas.
As pantasmas non podían contra todos os pais e nais asi que fixeron unha explosión que matou a un montón de xente, pero os que sobreviviron seguiron pelexando e deron recuperado polo menos a un neno. Os outros estaban esperando nun calabozo horrible, con arañeiras, todo negro e arañas que os picaban sen parar.
Os pais conseguiron recuperar a todos os nenos mentras durmían as pantasmas. Marcharon da cidade cos seus fillos sen que se decataran
Xoel J.L. 5º B
No hay comentarios:
Publicar un comentario