Vistas de página en el último mes

viernes, 16 de diciembre de 2011

Os amigos de Antonio



Os amigos de Antonio


Había unha vez un neno que se chamaba Antonio era moi forte e tiña moitos amigos , pero no grupo que estaba eran 5 , un chamábase Pedro , outro Luís , outro Xoel , outro Juan e o ultimo Santo .
O grupo chamábase os 5 santos . Tiñan entre 12 e 14 anos , facían probas que as imaxinaban eles , unha moi coñecida para algúns era a de encontrar un tesouro , era o tesouro de 800.000.001 de euros se o encontran van a doar todo o diñeiro a os nenos necesitados de todo o mundo . Empezaron e xa lle parecía difícil por que tiñan que atravesar o Amazonas en 1 semana enteira pola noite tiñan que camiñar porque se non , non chegaban na súa vida . Estaban cheos de medo por dentro porque no Amazonas había moitos animais que che podían comer . Pasaron por un lugar cheo de serpes , arañas e de monos salvaxes , eu sei unha historia dun cazador furtivo que quería coller todos os animais do a Amazonas , había moitos así que lle custaría 80 días 80 noites e 2 meses.
Os animais pelexaron contra el e os animais gañaron e os animais carnívoros coméronlle.
Pois eles seguiron camiñando sen parar porque se non chegaban , encontráronse a un puma morto ,
por iso Xoel que era moi listo o examinou e dixo que o morderon e o mataron fai 1 minuto por iso o animal esta cerca . Empezaron a correr e viron a o animal , o animal era un bisonte , por iso empezaron a correr máis , o bisonte lle ía comendo os talóns , pero eles ían correndo máis porque colleron unha comida para correr máis , correron tanto que desviaron a o bisonte .
Quedaron unha ora descansando e se decataron que non estaban no mesmo sitio que antes se non que estaban a un paso do tesouro .
O que entrou foi Luís porque e moi atlético , entrou de dous saltos e de tres pasos colleu o tesouro e o levou a onde os seus amigos que foron rapidamente a doar o diñeiro , pero quedáronse cun euro.

2 comentarios: