Vistas de página en el último mes

viernes, 11 de noviembre de 2011

O viaxeiro do tempo



Había unha vez un científico que quería facer unha máquina para viaxar polo tempo. Dixo que tiña
que ir primeiro ao pasado a sacarlle fotos aos grabados dos homes das cavernas e despois ao tempo
dos romanos para ir ao Coliseo e sacarlle fotos, despois ao futuro para saber como lle iríua na súa vida de vello.
Cando chegou o momento de activar a máquina que lle permitirá viaxar polo tempo... houbo un fallo e foi á era dos dinosaurios. Cando recuperou o coñecemento estaba debaixo dunha palmeira e ao lado da pegada dun t-rex. Quedou abraiado coa estampida de triceratops porque un t-rex estaba a perseguilos. O tiranosaurio conseguiu cazar unha cría de triceraptos.

Antes do solpor fixo unha cabana de follas de palmeira e paus grosos dun piñeiro. Cando ía durmir pensou no ocorrido porque el non programara a máquina para ir a era dos dinosaurios.

Cando espertou estaba na súa casa. Que pasaría? 

Alfonso R G 5º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario